Este es un diccionario breve de términos específicos del Caurel. Si conoces algún término que no esté en la lista, puedes ayudar a completarla rellenando el formulario. Recuerda: sólo valen palabras utilizadas en Caurel QUE NO ESTÉN RECOGIDAS (al menos con la misma acepción) EN EL DICCIONARIO DE LA REAL ACADEMIA GALEGA.

AÑADE UN TÉRMINO

Nombre (opcional)
Nueva palabra
Pueblo de origen
Definición / comentario

 

 

A
abrinxir Abarcar, acaparar con usura .
abesedo Cara norte do monte, ladeira xabreira
acomorar darlle unha ración de comida á parella de bois ou vacas entre laboura e laboura
aguío Grao moído que se añade á auga ou a comida da facenda
alcuseiro Argola elíptica de madeira ou metal, que servía pra enganchar o arado e outros aperos no xugo .
alimoco/limoco Fluido viscoso transparente que secretan as vaxinas das femias en celo (alimocarse/limocarse)
algarufar espelir, esponxar
alláparo/a Travieso/a .
alvar Alvariza, Recinto circular para as colmeas .
ablancazado/a De cor branco ou pálido .
agulleteiro Zona do zapato donde están os cordóis
apertador Bufo, moucho
apiliciado/a Delicado/a, enfermizo/a .
ardente Ganceallo moi seco que se utilizaba pra alumar nas casas, antes do candil .
arrancadeira

Ultima consumicion da noite

.
arrecadar Frenar o carro coa parella de bois ou vacas/ tartamudear .
arrecadén Parella de bois ou vacas enganchada á traseira do carro, que serve de freo nas baizadas .
arrieiro Regla das mulleres
arroxo Fervenza que baiza dos prados ao romper a canle principal (arroxar)
asequeirado Quen tiña un sequeiro ou apañaba o tercio .
atadallo Feixe de xestas ou estrume.
atramiñar aguantar, aturar
atufado / a remangado/a, impetuoso/a
autramente Sin embargo, de outra maneira .
avixote Cernícalo, ave de rapiña
ay, galán / a ay meu neno, ay meu fillo (expresion caurelá)

 

B
balbarote barbilla
bandoxo aparello de madeira de forma semicircular pre quitar a puxa das castañas secas
barazola Corda de carro pequena  
bardola Vara longa de abraira, que serve pra varear as castañas .
bargado Tabique de madeira nun cortello .
barrelo Berce, cuna
bincallo Atadura dos mollos, feita da misma palla
bocoy Cuba de viño grande .
bombo utensilio xiratorio para asar castañas  
botelo Embutido a base ca carne e ósos metidos no estomago do porco  
brugacio Castañas verdes peladas e cocidas
bufareira Fornela donde se van tirando as brasas do forno .
bulbeiro Infeccións producidas nas máns, atribuidas ó veleno de sapo (bulbeiro de sapo)  
buleira Excremento das vacas
bulló castaña asada

 

C
cabana Caseta no monte para gardar a herba
cachamea Cabeza
cachola Cacheira ,cachucha  
cachón Baixada de auga moi violenta,cachoeira  
calangro Precipicio, derrubadoiro .
calduda caldo feito de castañas secas
calellón pasadizo estreito entre duas casas
calzada Muro de pedra utilizado nas presas do rio .
camín Camiño  
camiñeiro Morea de torrons baixa e alongada pre queimar na labranza do centeo .
cana Rama duna arbore ,canella  
cangarse atragantarse
caniceira Armazon de ripias para secar as castañas .
cañota castiñeiro oco por dentro
capileira Capucha dunha prenda
carabullo Pau delgado de madeira
carrapucha Xesta de pouca altura e moi enrramada .
carreiro Sendeiro .
carrelo Costas, trascarrelo  
carro tarabelo Especie de triciclo completamente de madera cuyo asiento, ruedas y eje asemeja a un carro del país. En el extremo anterior, más estrecho, presenta un orificio donde pasa un eje en cuyo extremo inferior lleva una rueda y en el superior el manillar. Tiene un movimiento alocado (de ahí tarabelo)y lo utilizaban los rapaces para bajar cuestas.  
carrozo Depresión do monte ocupada por un regato .
caruncho cacho de madeira morta e podre
celda Lugar freso para gardar o chicho da matanza .
chanteiro Tronco das berzas .
chapodar Cortar dun só tallo
cheda parte dianteira do carro do pais
chumazo Coxinete de madeira do carro do pais
chicho Carne en xeral .
churras!!! Voz pra chamar ás pitas
cibicada ración de comida que leva o paxaro no pico para o seu fillo
cimprón Maleducado, persoa que insulta sin parar á xente (Teixeira)
cinguideiro Delantal .
cobaracha Parte posterior do pescozo .
cochorda Merlo
coio Pedra pequena .
colares Solapas da chaqueta .
collabracion Aparato reproductor externo masculino .
concello Reunión de veciños dun lugar pra tratar temas propios, arreglos de camiños, augas e montes. .
corgo Aparello de vaciado dun pozo polo sistema de sifón .
corolos Noces, conchos  
covaracha Espacio entre a camisa e o pescozo .
coza Raiz muy empleada como combustible no Caurel

 

D
debrocar Vaciar o liquido dun recipiente violentamente .
dédeme leve o demo, centella queime, etc
degallado Mozo degallado: Bó mozo, de bó porte
demoucar Cortar as ramas sobrantes dos castiñeiros,demouca  
derramar Estragar .
derrubarse Esnafrarse por unha pendente , derrubadoiro  
dinuncela donicela

 

E
eiquí aquí  
emburullar Amantar o nino con trapos
empeña Coiro dos zapatos ou galochos
encapoar Requeimar o cocho na escalda
encornar quedar durmido sentado
enguruñarse Encollerse  
engurriado Arrugado  
envoado Amoado, masa semipastosa da que se fan os feixós e as filloas .
escano Banco de madeira con respaldo
escascabullado/a Persoa lozana, de cutis fino
escoufrado/a Persoa vella e moi delgada
esfarelar Desfacer algo pouco consistente en anacos pequenos .
esfolar quitarlle a pel e as entrañas a un animal
esfragarse Derrubarse esfragadoiro
esgarolado vaciado, oco por dentro
esnabarcar Abrir ou dilatar demasiado un buraco .
estadullo (s) Varas de madeira que se poñen no carro para suxetar a carga
estaxe Anchura de cava ou sacha que se leva dunha vez (en Moreda dise "debasa"). .
estorroarlle Ir a moita velocidade nun vehiculo
estoupar Explosionar  
estoupallós Digital, dedalera. Planta en forma de campaniña, de cor rosa e follas grandes con pelo.
estrelouzar Ruido dos dentes ó roer unha cousa dura
estruleque Persoa, preferentemente cativa, travieso, gracioso e ocurrente estrulecada
estrume Cama para o gando. .
extramontar Escapar o gando a outro monte

 

F
fachendoso/a Presumido/a fachenda
faragulla Miga do pan  
farelo resto que queda da moenda despois de sacar a fariña
farraca Saco feito de lona ou estopa
farragacho trasto inservible de metal farragachada
feixó Especie de oblea feita con auga ou leite e fariña .
fogaxe Bochorno, golpe de calor
felo Persoa esperpentica ou moi fea .
fervillas fabas Persoa que non para quieta  
furricaina Diarrea esfurricado/a
filandón Reunión de veciños para xugar áas cartas .
filloas tortas de trigo e sangre de cocho fritas  
foleca Saco de coiro de ovella ou cabra

 

G
gaixolo bocio  
galocho zoco, calzado con suela de madeira
ganceallo Restos de matorral medio queimado, despois de ardido o monte
garaboia Óso ou caguña das cereixas
garabullo Pau delgado de madeira
granipela Abertura ou regaña nuna pedra, parede, etc
guindar Lanzar lonxe un obxeto voluminoso .

 

H
Hai boa lei! Dícese de algo que non se ve xusto ou que ironicamente che disgusta

 

I
irado Terreo moi inclinado,casi vertical .

 

K
. . ..

 

L
lagaria Xineta algaria
lamela Pradiño pequeno á veira do río
lameón Banda metálica da rodadura do carro do país
lamorqueira Que ten moita lama
lancho Pedra plana de pizarra .
lanqueta Sen roupa, núo (Durmir á lanqueta) .
lapaceira Regla das mulleres (Ferreirós de Arriba) .
lapoirada Grolo, trago, arrancadeira (acepcion de Raposo de Miraz)
lapote Bofetada non moi forte
lareiro Vara longa e delgada .
laz / lazo Capa de xeo
lavazas Restos de comida que se lles dan ós cochos e pitas
ledre gubia do zoqueiro
leiron Rato campestre de gran tamaño (liron)
leixó Trampa artesanal pra cazar ratos
lía corda de esparto trenzada
liame Corda grosa do carro .
llin! Voz utilizada pra chamar os porcos (Meiraos)
loro Corda feita de pel para xunguir as vacas / Canción tipica da serra .
louco Tolo .
lubiao Pulmón .

 

M
malcote Rapaz novo
maraballo Herba usada tradicionalmente contra as picaduras das ortigas .
marrao porco  
marmañar Chover finamente marmalleira
matalota Matanza do cocho mata
mego Cesta de madeira tradicionalmente usada para recoller castañas .
mirfas Poñer a un en mirfas: poñer a un en anacos, destrozalo
molexón Pedra de afiar redonda accionada a manivela .
moradella Apilamento de pedras nun eido de labranza .
mouchín mochuelo, curuxa  
muín muíño, aceña  
mulida pel de ovella que se pon entre o xugo e a nuca das vacas
muricego Morcego .

 

N
neto Vaso pequeno de viño .
nino, a Neno, a niniño, a
nuelo Nocello, tobillo
numeada Mote .

 

O
omeá! home, xá (expresion de Campelo)
orellois Papeiras .
obí! Oh, virxen (Exclamacion) .
ovellón Vaca pesada e preguizeira  
Outramente Por outra parte, doutra maneira, ainda asi, asi e todo.  

 

P
palazadas, ás A tentas .
pampaneta, á Estar deitado boca arriba
pantalois Pantalons .
papiolo Pasmón, prosmeiro
paporrubio petirrojo (pájaro)  
papuxa Organo sexual femenino conexa, conacha, farragucha
parrofear falar de amores unha parella
paxarela Páncreas
pelexo Recipiente de pel de vacuno para liquidos .
pendello Construcción de mala calidade para gardar ferramentas, leña,  
petada Camiño costo feito con pedras grandes  
petécaros Empuñaduras feitas no cú da farraca de pisar as castañas .
petoiro Muller que facia favores sexuales sin cobrar .
pichi Palabra cariñosa a unha persoa querida  
pincheira Fervenza pequena .
pingazo Polvo, canivete (Vilasivil) .
piorno jara, (arbusto) piornal
pioto Sainte da cheda do carro para enganchar o liame .
pixo organo sexual masculino
pór Poñer .
porraco/a Charco pequeno .
poza remanso do río
presa Canal de auga que sae do rio para regar os prados / prisa
pripíngolas, estar en Estar un obxeto en equilibrio inestable a punto de caer
prosmeiro
Persoa pesada e hipocondriaca prosmeirada
puxa Argana e gran triturado que queda tras a malla.

 

Q
quiqui Polvo, relacion sexual .

 

R
rancho/a Cocho/a .
ratuneira morea de peras ou mazás verdes que se poñen na palla ou herba seca pra que maduren
rebolo roble, encina  
regandixa Regaña nun piso uo parede de madeira
remol Rescoldo .
reprexo Muro de pedra que se fai nos castiñeiros que estan en pendente, pra que non roden os ourizos souto abaixo
riocho Rio pequeno de pouco caudal .
ripia Táboa de seccion triangular da caniceira .
romballón Avellón, avávaro
rouco Afónico
roupón manta feita de xeito artesanal no tear do pais
rubieis Néboas roxizas que se forman no amencer ou no solpor

 

S
samauvén Si cadra, si se da o caso, etc
sarrio carbonilla das chimeneas  
seitoiro Rella metálica do arado de pau (romano) .
somormullo Disimulo .
sequeiro Caseto donde se secan as castañas .
solaina Habitacion feita pasando paus dun lado a outro do camiño.
sortella Parte por donde se dobla a navalla
su- Prefixo que significa "debaixo" (suacama, suasolaina...)
suarego Travesaño de madeira de quita e pon, que se pon no fondo da porta da corte pre adeter o esterco
subeiro Cobertizo na entrada principal da casa .
subela Útil de zapateiro

 

T
tangaleirán Persoa de pouco espiritu .
tara Rocha elevada con pouca vexetacion e difícil acceso .
tarandeira Pau longo que se pon atravesado na entrada dun eido  
tentemozo soporte, puntalete (expresion de Luis do Mazo)
terbello Cepo para caza maior .
timucela Peza de madeira pre enganchar unha parella de bois ou vacas .
tola Morea de esterco que se queima para facer abono .
torbón Chuvia intensa e tormentosa .
torno curva moi pechada nun camiño
touro Cocho marón .
touza Mala herba  
trabadoira Corda pre suxetar os estadullos do carro pre que non se abran .
tramoxa Tolva do muiño donde se deposita a grá
tranquelear Coxear
trapela Trampa para cazar páxaros .
traquido Trono muy forte  
trarga, trasga Aro de madeira unido a unha corda para facer feixes
treitoira peza de madeira que forma parte do coxinete do carro do pais
trinque Cadea de ferro moi resistente .
trobo Colmea sencilla feita con corteza de arbore e unha lousa .
troxo / a tonto  
trouxo, trouso Neveiro, neve acumulada  
trusgar Guiñar o ollo

 

U
urria .Voz pra camar oas ovellas (Ferreiros de Arriba) ..

 

V
vaque Empurrón vaquión
viceira Sistema para gardar as cabras e ovellas por turnos os veciños, según o numero de cabezas adultas. .
vigue viga
viorta Atadura dos feixes, xeralmente feita de xesta ou salgueiro

 

X
xebreiro, xabreiro Lugar pouco soleado  
xanzá Genciana (herba medicinal) .
xanzar Cortar .
xugueira Nuca .

 

Z
zambro Persoa con pouca destreza e habilidade
zarralla Excrementos endurecidos na lá do cú das ovellas
zocho dícese da persoa ignorante e sin vergonza

 

2007 © PERAL estudio web